Inicio » Quen somos
Somos un equipo xoven, dinámico, multidisciplinar, comprometido e con experiencia, que comparte o desexo de integrar novas miradas pedagóxicas e superar o establecido. Cremos nunha forma de traballar creativa, divertida e respectuosa cos nenos e nenas e coas súas familias. A equipa da escola está formada por sete mulleres do ámbito da pedagoxía e da educación infantil; contando con unha ampla experiencia e unha paixón en común: o compromiso coa infancia.
O noso obxectivo é transmitirlle ás crianzas os valores que cremos importantes para o seu crecemento.
(JOHN COTTON DANA)
Estamos en continua formación no ámbito das pedagoxías activas para poder evolucionar como profesionais e ofrecer a mellor versión de nós mesmas.
O noso papel é o de acompañar, escoitar aos nenos e nenas, observalos e crear contextos de aprendizaxe dende o ámbito da experiencia propia e o pracer de sentir e aprender xogando.
Defendemos e promovemos un modelo de traballo creativo, divertido e respectuoso cos nenos e nenas.
O respecto pola etapa da infancia é un selo de identidade do equipo Bule Bule. Dende o primeiro día, os nenos e nenas que forman parte do universo Bule Bule séntense valorados, queridos e escoitados para favorecer o seu desenvolvemento emocional e a súa autoestima.
A aprendizaxe diaria, nun clima de respecto e fomentando o espírito crítico, a igualdade e a educación en valores acompañaranos na súa maduración persoal.