un ambiente innovador, plurilíngüe e baseado en valores como a autonomía, a igualdade, o respecto e o fomento da autoestima.
UN EQUIPO
un grupo de profesionais unidas pola paixón de educar e a busca constante da innovación.
UN COMPROMISO
coa infancia e coas familias.
Familia
Consideramos as familias protagonistas da aprendizaxe, participando e comprometéndose na experiencia educativa das nenas e nenos. Promovemos un ambiente de colaboración e respecto mutuo, onde as familias se sintan parte significativa e implicada do noso proxecto.
Compromiso
Queremos destacar o noso compromiso coa educación en valores e con defender e promover a igualdade de dereitos e oportunidades para todas as mulleres e homes.
MÉTODO
A nosa liña metodolóxica caracterízase por ser activa, creativa, participativa e vivencial. A educación emocional, a autoestima, sentirse personiñas queridas, valoradas e escoitadas, están dentro do noso proxecto educativo, como piares indispensables para axudar na maduración persoal e no aprendizaxe diario.
EQUIPO
Un equipo humano que está en constante proceso de busca de incorporar novasperspectivas pedagóxicas. Defendemos e promovemos un modelo de traballo creativo, divertido e respectuoso cos nenos e nenas.
ESCOLA SUBVENCIONADA A TRAVÉS DA ORDE PARA O FOMENTO DA GRATUIDADE DA ATENCIÓN EDUCATIVA EN ESCOLAS INFANTÍS 0-3 DE TITULARIDADE PRIVADA DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA– PROCEDEMENTO BS420C DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E XUVENTUDE