Inicio » Metodoloxía
O noso proxecto educativo busca ser unha escola para a vida, con espazos axeitados e adaptados que potencian un clima cálido, acolledor e seguro para propiciar a comunicación e as habilidades sociais.
O noso modelo educativo entende a educación infantil como unha etapa educativa con IDENTIDADE PROPIA, e tan importante, ou máis, que calquera das outras etapas.
O noso proxecto enmárcase nunha liña educativa vivenciada, incidindo na importancia do xogo e no pracer de aprender, e vaise enriquecendo día a día coa achega de autores como Loris Malaguzzi, Gardner, Tonucci…
Non nos definimos como fieis a un único método e quizais iso é o que nos diferencia, e onde está a nosa esencia. Traballamos dende unha perspectiva integradora tomando o que máis nos gusta da pedagoxía de María Montessori, da teoría do movemento libre de E. Pikler, da forma de entender a infancia e os procesos das escolas Waldorf e quizais, como compendio de todo e tomando como referencia principal na nosa liña de traballo o enfoque educacional das Escolas Reggio Emilia, coas que nos sentimos plenamente identificadas e que nos inspira no noso día a día.
A nosa liña metodolóxica caracterízase por ser activa, creativa, participativa e vivencial. A educación emocional, a autoestima, sentirse personiñas queridas, valoradas e escoitadas, están dentro do noso proxecto educativo, como piares indispensables para axudar na maduración persoal e no aprendizaxe diario.
(LORIS MALAGUZZIA)
A nosa forma de traballar baséase na vida cotiá da escola e da casa, na observación e experimentación, dando cabida á incerteza, á intuición, á curiosidade e ao xogo; e nesta investigación, dando lugar á comparación e ao intercambio de conclusións. É así cómo se vai formando o proceso de aprendizaxe.
Procuramos que cada día teñan un espazo de Sentir, outro de Pensar e outro de Facer, e así levar un traballo equilibrado nas 3 liñas de desenvolvemento.
Nesta idade é fundamental o vínculo de apego que establecen os nenos e as nenas con nós. A nosa prioridade é á observación das súas necesidades, tanto dos propios nenos e nenas como das familias, o que fai de Bule Bule un espazo onde é doado crecer e a segunda casa para os seus habitantes.
A filosofía da metodoloxía coa que se traballa na nosa Escola baséase nun acompañamento personalizado que respecta o ritmo de aprendizaxe de cada neno e nena.
En Bule Bule ofrecemos un acompañamento personalizado e individualizado que respecta o ritmo de aprendizaxe e os intereses de cada neno e nena, fomentando as capacidades de cada un/unha mediante un ambiente con material axeitado que invita á exploración. Todo elo, sempre dende un clima que non incita á competencia entre compañeiros/as, respectando e valorando o logro de cada neno/a no seu momento e ritmo oportuno, así como a cooperación entre eles. Sempre tendo en conta o plano socio-afectivo e os principios da crianza con respecto e apego.
Creemos que cada nena e neno ten o dereito de medrar dun xeito activo e autónomo por medio de múltiples linguaxes, experiencias de creación e exploración, dando así resposta aos seus desexos de coñecer e aprender.
En Bule Bule adaptamos os procesos aos nenos e nenas e non ao revés. Por iso na nosa escola non atoparedes un calendario de retirada de pañal segundo a idade porque cada neno e cada nena marca o seu propio momento e cada un madura diferente (e porque o pañal non se quita, déixase…).
Tampouco se levarán fichas feitas para a casa nin veredes mans estampadas en papel, porque nos parece que na maioria das veces ese tipo de contidos parten de un “aprendizaxe forzado” que non suma nada ao desenvolvemento individual. Na Bule Bule NON se fan fichas …
Cada neno e cada nena ten diariamente a oportunidade de participar en varias propostas de aprendizaxe en función dos seus intereses, pero sen forzar, cada un-unha ao seu ritmo.
O respecto pola etapa da infancia é un selo de identidade do equipo Bule Bule. Dende o primeiro día, os nenos e nenas que forman parte do universo Bule Bule séntense valorados, queridos e escoitados para favorecer o seu desenvolvemento emocional e a súa autoestima.
A aprendizaxe diaria, nun clima de respecto e fomentando o espírito crítico, a igualdade e a educación en valores acompañaranos na súa maduración persoal.
Valoramos moito que os espazos teñan posibilidade de movemento . A esta idade as crianzas precisan moverse e canalizar a súa enerxía libremente. As mesas e as cadeiras están na escola como un recurso máis, apiladas nunha parte da aula e que son útiles cando queremos sentarnos para comer, para xogar coa “plasti”, para facer un “experimento”, para facer pan … pero inútiles cando queremos xogar nos recunchos, saltar, correr, facer ioga, ler un conto, etc. Buscamos espazos flexibles que se adaptan ás necesidades.
En Bule Bule as crianzas ocupan o seu tempo “simplemente” en xogar, mais ben en aprender xogando, en descubrir na mesa de luz os nervios dunha folliña que trouxemos do parque, en tocar unha bola de neve que trouxo unha mamá de camiño á escola, en escoitar contos, en trepar, en saltar, en facer circuitos sensoriais, en mesturar plastilinas e masas e descubrir que cor sae da mistura, en cociñar, en desfrutar das provocacións sensoriais e instalacións de xogo que nos preparan as educadoras, en explorar con luces e sombras, en facer experimentos e trasvases, en facer ioga, en cantar e bailar libres, en disfrazarnos, pintar, guarrear, ir ao parque, xogar coa auga, etc. E mil cousas máis … e sobre todo ocupan o seu tempo en moverse e descubrir o mundo.
Creemos que tanto a primeira etapa como a segunda da educación infantil (0-3 e 3-6) precisa adaptarse ás necesidades dos nenos e nenas e non ao revés. Nesta primeira infancia, as crianzas precisan moito movemento e “pouca silla” e así chegamos ao “pracer de aprender”… Creemos que hai procesos na vida nos que o camiño é máis importante que o destino, e o día a día dos seis primeiros anos na vida dunha crianza é un dos exemplos.
En Bule Bule, os nenos e nenas somérxense nun ámbito único e multisensorial, dotado de multitude de recursos que lles permiten en todo momento aprender ao seu ritmo pero sen forzar procesos nin tampouco caer na hiper- estimulación.
Planificamos o día a día e as actividades dende a perspectiva transversal da teoría das intelixencias múltiples.
A intelixencia é a capacidade que temos para crear e resolver problemas no noso día a día. Segundo a Teoría das Intelixencias Múltiples de Howard Gardner, todas as persoas posuímos oito intelixencias cun nivel de desenvolvemento maior ou menor. Canto máis desenvolvidas teñamos as nosas intelixencias, máis habilidade teremos para superar os obstáculos que nos atoparemos ao longo da vida, máis creativos e resoltos seremos e como consecuencia, máis felices. Pero o que realmente é importante desta teoría é que todos e todas somos capaces de desenvolver cada unha das intelixencias cos estímulos axeitados e, para os nenos e as nenas, o único xeito de entrenar as intelixencias é mediante o xogo, de ahí a importancia de aprender xogando e divertíndose.
O noso obxectivo é que dende as distintas miradas pedagóxicas provoquemos novos desafíos a través de espazos e materiais que movan a curiosidade, a creatividade e a sensibilidade das crianzas.
Na nosa Escola non hai fichas nin pantallas, os nenos e as nenas non se levan traballiños nin manualidades para a casa, non hai pegadas perfectas de mans e pés en mil decorados (porque creemos que non é unha técnica libre na maioría dos casos senón un proceso de “aprendizaxe forzado”) e procuramos manter un ambiente relaxado sen hiper estimulacións visuais nin auditivas.
Dende os máis pequeniños de 3 meses ata os máis maiores de 3 anos, cada etapa ten o seu momento e un plantexamento pedagóxico diferente.
Mentras están na aula de bebés (0-1) o obxectivo máis importante é que se sintan seguros e seguras e creen un vínculo de afecto coas educadoras que lles faga sentir confianza a estar cómodos, sempre respectando os biorritmos de cada bebé e facilitando o movemento libre.
Cada bebé come á hora que lle toca e durme cando ten sono, non hai uns horarios ríxidos para cumplir. Procuramos adaptarnos o máximo posible aos hábitos familiares da casa, tanto no tema da alimentación coma do sono. A nosa presencia sempre acompaña o sono e nesta escola ademáis danse moitos coliños …
A aula dos bebés fomenta o movemento libre sen obxectos que dificulten a súa mobilidade. Non existen elementos que reteñan o seu movemento.
Seguimos a teoría do movemento libre de E. Pikler elexindo o chan coma o mellor estímulo para favorecer o gatexo e a exploración.
Unha vez que as crianzas camiñan pasan ao grupo de 1-2 anos e posteriormente ao de 2-3 . En estes grupos incorporamos rutinas diarias planificadas en función das súas necesidades e curiosidades. Comeza o día con una asamblea donde estimulamos a expresión oral e seguimos con contos, cancións, ioga e expresión corporal. Incorporamos tamén a lingua extranxeira inglesa como estímulo diario que se incorpora ás rutinas habituais aproveitando as capacidades que teñen para adquirir varios códigos lingüísticos ao mesmo tempo nesta primeira infancia.
Cada día a media mañán desfrutan dunha merenda saludable e de seguido a actividade principal do día que pode ser desfrutar dunha provocación sensorial, dun circuito de psicomoticidade, actividades de lóxica matemática, obradoiro de luces e sombras … e un sinfín de propostas pedagóxicas que saen das necesidades que valoramos observando ás crianzas no seu día a día.
Nesta escola somos trilingües sendo o galego a língua vehicular do noso proxecto educativo pero sen renunciar ao uso do castelán e do inglés. Todo suma .
A educación emocional, a autoestima, sentirse personiñas queridas e valoradas, están dentro do noso proxecto educativo, como piares indispensables para axudar na maduración persoal e no aprendizaxe diario. Traballamos coas crianzas dende unha perspectiva integradora fomentando nelas un alto nivel de autoestima dando lugar a persoas creativas, imaxinativas, autónomas, comunicativas, con espíritu crítico e capaces de resolver problemas por si mesmas, o que fará que o día de mañán sexan persoas responsables, con criterios propios e con capacidade para tomar decisións e ser respetuosas coas opinións dos demais e co entorno que lles rodea.
Dentro da nosa metodoloxía destacamos a enorme importancia que cobra a afectividade e o desenvolvemento emocional na aprendizaxe (intelixencia emocional), especialmente nos tres primeiros anos de vida.
Queremos destacar o noso compromiso coa educación en valores e con defender e promover a igualdade de oportunidades para mulleres e homes.
Son principios que temos en conta á hora de programar as actividades, elixir os materiais e relacionarnos co entorno e coas familias. Bule Bule é unha escola feminista porque defende a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres e empodera ás nenas para que sexan “fortes valentes e independentes” e aos nenos para que sexan partícipes dunha sociedade na que todos e todas teñamos as mesmas oportunidades, o mesmo trato e os mesmos dereitos indistintamente do sexo.
En Bule Bule desenvolvemos una metodoloxía única que prepara aos nenos e nenas para o futuro nun ambiente de confianza, benestar e seguridade á vez que apoiamos ás familias para facilitar o seu día a día e a conciliación entre a vida laboral e familiar.
A escola está concibida como un espazo cercano onde se promove a participación das familias e se fomenta a colaboración e a comunicación a través de diversas actividades ao longo do curso.
Consideramos as familias protagonistas da aprendizaxe, participando e comprometéndose na experiencia educativa das nenas e nenos. Promovemos un ambiente de colaboración e respecto mutuo, onde as familias se sintan parte significativa e implicada do noso proxecto.
Para nós é fundamental planificar e respectar o período de adaptación/vinculación á escola xa que os primeiros días de escola vívense con moita intensidade para todas as partes implicadas.
En Bule Bule traballamos conxuntamente coas familias para que esta nova etapa se desenvolva nun ambiente de confianza e implicación de todas as partes favorecendo así un proceso de vinculación que non resulte traumático para os nenos e as nenas e pouco a pouco teñan a oportunidade de coñecernos e confiar en nós. Establecer vínculos de confianza tanto adultos como cativos eses días é o principal obxectivo, por iso consideramos fundamental que sexa un proceso gradual no que preferente mamá ou papá acompañen na aula e na escola tanto presencial como emocionalmente o tempo que sexa preciso ata que ese neno ou nena confíe en nós e nos de a oportunidade de axudarlle a seguir descubrindo o mundo.